Este Domingo se celebrarán los Campeonatos de Galicia de Esquí Alpino, como siempre con gran participación de socios del Club Manzaneda.info en las diferentes categorias! ¡Únete al Club Manzaneda.info!

Campionato Galicia Esquí Alpino 2018

O día 25 de marzo celébrase o Campionato de Galicia de Esquí Alpino en tódalas categorías,  na estación de Montaña Oca Nova Manzaneda.

 

NORMAS DE COMPETICIÓN
A Federación Galega de Deportes de Inverno organiza os CAMPIONATOS DE GALICIA DE ESQUÍ ALPINO nas
categorías Alevín, Infantil, Xuvenil, Absoluta e Veterán Homes e Damas.
A competición desenvolverase en un día de competición . A pista de competición será a Pista Corzos.
A orde de saída e composición da primeira manga será por Sorteo. A orde de saída da segunda manga será en orden inverso da
primeira.
Entregarase trofeo ó primeiro clasificado en cada categoría e medallas ó segundo e terceiro clasificado.
Poderán participar os corredores en posesión da Licenza de Competición para a presente tempada, independentemente da
Federación Territorial á que pertenzan.
Para ser Campión de Galicia é imprescindible ter licenza pola F.G.D.I.
É obligatorio o uso do casco.
As inscricións enviaranse en formulario oficial ó correo electrónico (secretaria@fgdi.es) da F.G.D.I. A proba é gratuita.
O plazo de inscripción remata ás 15:00 horas do mércores 21 de Marzo do 2018.
A reunión de xefes de equipo e reparto de dorsais terá lugar o Sábado 24 de Marzo do 2018 ás 19:30 horas na secretaría da
organización sita no edificio do club Galleira na Estación.
Os clubs serán responsables da devolución dos dorsais dos seus corredores. Cada dorsal non devolto incorrerá nun cargo de 30 € para
o club o que pertenza o corredor.
Para o non previsto neste regulamento aplicarase o Regulamento RFEDI/FIS vixente para este tipo de probas.

PROGRAMA
Sábado 24 de Marzo
19:30 h. Reunión Delegados e reparto de Dorsais na Secretaría da Competición.
Domingo 25 de Marzo
9:20 h. Recoñecemento da Carreira.
9:50 h. Pista cerrada.
10:00 h. Saída 1ª manga.
14:00 h. Entrega de Trofeos en Terraza Autoservicio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *